domingo, 16 de noviembre de 2014

Ciencia que conta

Hoy os dejo mi historia para una tarea de informática en la que había que relacionar algo de la ciencia con alguna historia , para ello he utilizado el procesador de textos de Google que es una herramienta
muy útil y sencilla
ENLACE :
https://docs.google.com/document/d/1CRmCc_BswoObqLQIYsVFBCQ0OF23pVLHOwyWzXKefHQ/edit?usp=sharing
 HISTORIA : 
 Esta é a historia dunha moza adolescente: Nina tiña dezaseis anos e unha longa vida por diante, era unha rapaza realmente preciosa e non só iso tiña unha familia que a quería con loucura, un can fiel e unha paixón, ser animadora. No ano 2013 comezou a sufrir fortes dores de cabeza, ela continuaba a súa vida normal pero as dores non se ían senón que cada día ían a máis. A súa vida seguía e na clase de arte coñeceu a Jake, do que se fixo moi amiga. Eles coincidían nos partidos do instituto e nas clases xa que o xogaba no equipo do instituto e ela formaba parte das animadoras co cal se converteron en uña e carne. As dores de Nina cada vez eran máis fortes e os seus pais decidiron levala a médicos pero ninguén conseguía descubrir o que lle pasaba. En Novembro do pasado 2013 realizáronlle unha resonancia magnética na cal se descubriu o comezo do seu pesadelo, un tumor cerebral. As probas continuaron para saber como se podía vencer o tumor, e a peor noticia chegou cando se descubriu que o tumor estaba nun sitio no cal era inoperable. Nina e a súa familia non se caeron, ela era moi forte e os seus pais e a súa irmá queríana con loucura e loitaron con ela.Ela seguiu acudindo ao instituto no que encontrou o seu maior piar para seguir loitando, o seu compañeiro de clase Jake os dous comezaron unha relación que dada a enfermidade de Nina non ía ser doada. Era unha rapaza moi querida no seu pobo e dado que os tratamentos que a podían salvar eran moi caros todos se envorcaron en axudar con doazóns, con mercados, todo o que fora posible para que saíse adiante. A pesar de todo, o máis incrible era que Nina sempre tiña un sorriso na cara, as probas que pasaban non eran nin moito menos doadas pero ela sempre saía radiante nas fotos co seu sorriso.A súa relación coa súa irmá era de mellores amigas, tiña un noivo que estaba con ela en todas, uns pais que a apoiaban día tras día, un can que non se separaba dela e duns amigos e veciños totalmente envorcados, pode que fóra unha das razóns que lle daban forza para seguir loitando. Co diñeiro recadado Ninacomezou diversos procesos, radiacións para diminuír o tamaño do tumor, quimioterapia e a pesar diso acudía ao instituto sempre que podía. As súas compañeiras animadoras acudían aos partidos cunhas camisetas de cor rosa nas cales poñía, 'Nina mantente forte ´ ´.Chegou o final do curso e Nina seguía cos seus tratamentos, dentro de pouco sería o baile de fin de curso ao cal acudiría co seu noivo. A súa nai e a súa irmá levárona a comprar un vestido, malia os tratamentos aos que sometía cada vestido que se probaba quedáballe mellor e a súa elección foi un vestido de ton marrón claro con brillantes. Cando chegou o día do baile Nina pediu que lle sacasen moitas fotos e en todas saía sorrindo, Jake estaba impresionado pola forza e enteireza da súa noiva. O verán foi duro para Nina, a súa imaxe empezou a cambiar a súa cara empezouse a inchar a causa dos tratamentos, ao noivo de Nina dáballe igual a súa imaxe cara ao que fora por vela sorrir. A súa historia empezouse a facer relativamente famosa ata chegar á televisión. Pero malia todos os esforzos de Nina e da súa familia comezou a perder a loita contra o tumor que cada vez lle gañaba máis o pulso. Finalmente ela perdeu a súa batalla e é que ás veces por moito que loites, por moitos apoios que teñas, as enfermidades gañan á ciencia e á forza dunha persoa. É unha historia moi triste pero agora por fin Nina esta descansando en paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario